Sunday 05 de May de 2024

A Deputación abrirá o 5 de novembro o prazo de solicitude de subvencións ordinarias dirixidas a todos os concellos da provincia


As bases das distintas liñas de axudas foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia

 

A Deputación da Coruña abrirá o prazo de solicitude da convocatoria ordinaria de subvencións dirixidas aos concellos e entidades locais.

En concreto, a partir do 5 de novembro e durante todo un mes os concellos poderán solicitar achegas para calquera das liñas de axudas como son Educación, Cultura e Deportes; Servizos Sociais; Desenvolvemento Económico, Turismo e Medio Ambiente; e Formación.

A través destas subvencións, os 93 municipios da provincia e os consorcios poderán solicitar a contribución da Deputación para, por exemplo, a contratación de animadores culturais, realizar investimentos e programas de actividades relacionados coa cultura e o deporte, financiar os seus conservatorios e escolas de danza e música ou contratar persoal, ademais de asumir os servizos de normalización lingüística.

O prazo de presentacións de solicitudes remata o 5 de decembro ás 14.00 horas e este ano, por terceiro consecutivo, tamén se realizarán por vía telemática para axilizar a tramitación.

Nas charlas que xa vén desenvolvemento nas últimas semanas a Deputación da Coruña pola provincia co fin de explicar esta tramitación tamén poden participar os técnicos municipais, ademais dos portavoces das entidades sen ánimo de lucro, co fin de resolver as súas dúbidas.